A defensa do 'Chicle' recorre a condena polo asasinato de Diana Quer e culpa os medios de comunicación da sentenza

Reclama que se declare a nulidade da vista oral, que se devolva a causa á Audiencia Provincial da Coruña e que se celebre un novo xuízo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A defensa de José Enrique Abuín Gey, alias 'O Chicle', recorreu a sentenza que o condenou o pasado mes de decembro a prisión permanente revisable pola violación e asasinato da nova Diana Quer, uns feitos ocorridos en agosto de 2016.

José Enrique Abuín Gey, alias `O Chicle´ durante o xuízo final, en Santiago de Compostela
José Enrique Abuín Gey, alias `O Chicle´ durante o xuízo final, en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Fíxoo a través dun recurso de casación presentado ante o Tribunal Supremo, segundo confirmaron fontes xurídicas, e que reclama que se declare a nulidade da vista oral, que se devolva a causa á Audiencia Provincial da Coruña e que se celebre un novo xuízo.

En concreto, a súa letrada alega que no proceso contra Abuín Gey "vulneráronse" as garantías e dereitos básicos do acusado e que este estivo encamiñado a confirmar unha "condena social" á que xa se chegou previamente, adianta La Voz de Galicia.

O escrito vai na mesma liña que as conclusións que a avogada defensora de Enrique Abuín, María Fernanda Álvarez, realizou ao finalizar o xuízo contra 'O Chicle', cando advertiu en todo o proceso unha "obsesión por inculpalo" do crime e considerou o xuízo unha "farsa" na que "non se respectaron os dereitos constitucionais" do acusado.

A letrada de Enrique Abuín considera que as probas solicitadas polas partes foron "subxectivas" e, nalgúns casos, "falsas", á vez que criticou de forma especial o papel dos medios de comunicación á hora de "crear" a idea de que se trataba dun "monstro".

Con iso, criticou, xa no seu momento, a "obsesión por inculpar o Chicle" do asasinato con aleivosía e da agresión sexual, algo para o que rexeitou de pleno que houbese probas, e considerando este proceso propio da "xustiza medieval".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta