Polémica en Twitter co xornalista Pascual Serrano por criticar o Goya á galega Benedicta Sánchez

O escritor reprocha que reciban os premios actores que "fan de si mesmos" e acusa de "chauvinismo paleto" os que lle critican.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O filme galego 'O que arde' foi galardoado nesta pasada 34 edición dos premios Goya. Recibiu premios á mellor fotografía (Mauro Herce) e mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez). Este segundo recoñecemento estivo suxeito a críticas.

As actrices  Anna Castelo  e Eva Llorach, entregan o premio á mellor actriz revelación a Benedicta  Sánchez polo que arde durante a XXXIV edición dos Premios Goya, en Málaga (Andalucía, España), a 25 de xaneiro de 2020.. María José López - Europa Press
As actrices Anna Castelo e Eva Llorach, entregan o premio á mellor actriz revelación a Benedicta Sánchez polo que arde durante a XXXIV edición dos Premios Goya, en Málaga (Andalucía, España), a 25 de xaneiro de 2020.. María José López - Europa Press

O xornalista e escritor Pascual Serrano criticou na súa conta persoal de Twitter que o feito de darlle un Goya "a unha anciá galega por facer de anciá galega, non sei que ten que ver coa interpretación".

O seu chío causou o enfado entre usuarios galegos desta rede social. Moitos achacáronlle ao xornalista que "interpretar consiste en transmitir emocións do papel ao espectador, non de parecerse a alguén". Outros, ironizaron que, polo feito de ser unha anciá, ían ser todas iguais. 

Serrano chegou dicir sentirse "insultado" por algúns galegos e falou de "chauvinismo paleto" dos que o criticaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Juan J Garcia

O peor e que ,da súa fina amplitude de visión, non se ve burbullar xenofilia

3 nostrus

Evidentemente este papel seria mas dificil de interpretar para una quinceañera, pero yo estoy en desacuerdo con este presunto escritor que no conozco y decirle que puede que esta señora sea mejor actiz que él escritor y se demuestra en el hecho de que Benedicta le dieron un Goya por interptretar y puede que Pascual serrano solo pueda demostrar que escritor por el hecho de recibir alguna subvencion que dan a los escritores que no tienen el suficiente mérito de poder vivir de sus méritos.

2 Patapumparriba

Eu xuraria que é un director extremeño 🤔

1 José

Eu tampouco entendo que lle dean tantos premios a un director manchego por facer unha película sobre si mesmo, bueno, en realidade entendo-o perfectamente..