Temas: CABANAS MORTE

Morre un traballador en Cabanas ao caerlle a póla dunha árbore na cabeza

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Un home faleceu na mañá deste xoves en Cabanas (A Coruña) tras caerlle encima da cabeza a póla dunha árbore mentres se atopaba traballando nun monte da localidade.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Xunta.

Segundo fontes do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 12,30 horas da mañá deste xoves nunha leira de lugar de Porcar, en Cabanas, onde o home se atopaba realizando labores de talla nunha leira particular e foi golpeado por unha póla na cabeza.

Ata a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e de Bombeiros de Eume, así como unha ambulancia do 061 que, con todo, non puido facer nada por salvar a vida do home.

Temas: CABANAS MORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta