Toman declaración a varias persoas en Galicia pola suposta compra en Internet dun fármaco para a eutanasia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

A Policía Nacional abriu unha investigación pola suposta compra a través de Internet dun fármaco empregado para a eutanasia no marco da que se tomou declaración a varias persoas en Galicia.

Coche de Policía Nacional. ARQUIVO
Coche de Policía Nacional. ARQUIVO

Así o informaron fontes próximas á investigación, que leva a Policía Nacional desde Madrid e que afecta a persoas de varias comunidades autónomas.

No caso concreto de Galicia, a Policía Nacional tomou declaración a "dúas persoas" no marco das pescudas.

A investigación céntrase na "sospeita", incidiron as mesmas fontes, da suposta compra a través de Internet dun fármaco empregado para facilitar a eutanasia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta