Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/01/2020 | Actualizada ás 11:40
Unicode Consortium revelou os 117 novos 'emojis' que chegarán aos nosos smartphones neste 2020. Integraranse en Android, iOs, en redes coma Whatsapp ou Twitter, etc. Servirán para ampliar o noso 'diccionario' visual á hora de comunicarnos vía dixital.
Entre eles, chaman a atención a bandeira transxénero, unha cara sorrindo cunha lágrima ou a clásica 'man italiana' en diferentes tons de pel. Esta versión 13.0 que se publicou na súa propia páxina web, revela un total de 62 novos 'emojis' e 55 variacións de xénero neles.
A apariencia das novas iconas, coma o té de perlas, a cucaracha ou o abrazo dos muñecos de Messenger, dependerá do sistema operativo do usuario, a versión de iOs e Whatsapp é a máis similar á que publica a 'Emojipedia', que avanza que posiblemente liberará unha versión previa para iPhone durante o día Mundial do Emoji, o 17 de xullo. O resto, deberán esperar á segunda metade do ano para 'escribir' con estes novos debuxos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.