Atopan morto un ciclista nunha estrada de Narón

Estaba á beira dunha bicicleta "malferido" no lugar de Castro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/02/2020 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Garda Civil e a Policía investigan a morte dun home que apareceu "malferido" nunha estrada do municipio coruñés de Narón este domingo.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Segundo confirmaron fontes do 112 Galicia, unha persoa particular atopou preto das 17,00 horas desta tarde un home tendido á beira dunha bicicleta "malferido" no lugar de Castro, concretamente no cruzamento de Camiño do Fondal da Mata.

Ao toparse coa persoa ferida, o particular alertou aos servizos de Urxencias Sanitarias-061 que cando chegaron ao lugar dos feitos o único que puideron facer foi "certificar a morte" do ciclista.

Dadas as particularidades do suceso, os axentes da Garda Civil e a Policía Local traballan agora por aclarar as circunstancias do falecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta