Un ano de escola de base en galego

A escola Semente, centro para nenos de 2 a 6 anos, onde se practica a inmersión lingüística en galego, comezou o seu segundo ano con dous grupos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/09/2012 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

 

Os organizadores desta iniciativa social de base explican que "aínda hai posibilidades de incorporar máis". Semente lanzou un vídeo co obxectivo de "pór caras ao proxecto, tanto de maes e pais usuarias do centro como de activistas".

A través das súas entrevistas podemos coñecer as razóns que fixérom xurdir a Semente hai un ano e as súas características. Ao longo do vídeo observamos tamén os distintos espazos deste centro situado no barrio compostelán de Vista Alegre. A iniciativa Semente parte da colectivo A Gentalha do Pichel, que se inspirou nas Escolas de Ensino Galego, as escolas das Irmandades da Fala que a comezos do século pasado funcionaron na Coruña, a iniciativa de Ángelo Parella e Leandro Carré. Un dos seus obxectivos é conformar "unha rede de escolas no noso idioma que asegure a pervivéncia do mesmo nas idades máis sensíbeis do desenvolvemento lingüístico, a segunda etapa do ensino infantil".

A escola aplica "unha pedagoxía crítica e respectuosa cos ritmos de aprendizaxe dos nenos é outro dos sinais de identidade desta escola, así como a coeducación, a laicidade e a interacción coa natureza".

No vídeo defínese tamén a Semente como un centro comunitario, "nin publico nin privado", onde todo o beneficio que se obtiver "invístese no proxecto, e onde existe unha bolsa de solidariedade que o fai accesíbel a familias con menos recursos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Guillermo-mestre xubilado

Precisamos escolas "revolucionarias" para que o galego sexa a semente que agrome nas primeiras vivencias dos nenos/as, porque outro tipo de escolas e posible. Un dos fallos no ensino actualmente é conmo se constrúen os espazos para idades de 3 a 6 anos. Resulta unha barbaridade pedagóxica encerrar 15 ou 20 nenos/as nun espazo pechado sometidos a unha disciplina que para este alumnos/as resulta unha tortura. Hai que construir parvularios ou infantarios abertos, con xardíns, parques de atraccións propias para estas idades, natureza incluida, xogos pedagóxicos que serven para introduciar os primeiros coñecementos, etc., etc. Isto está por vir, se é que algún dia chega. Parabéns aos promotores de Semente e que efecivamente sexan unha semente que agrome con forza neste Pais dos mil rios, hoxe bastante adulterados. Adiante, amigos!!