Ferida unha muller embarazada nun accidente en Culleredo

Dúas mulleres sufriron unha saída de vía na tarde do sábado mentres circulaban pola Guarda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Unha muller embarazada resultou ferida nunha colisión lateral entre dous vehículos en Culleredo. No operativo de emerxencias foi necesaria a participación dos bombeiros de Arteixo para liberala.

En concreto, o sinistro ocorreu no lugar de Ledoño dez minutos antes das 21,00 horas deste sábado, segundo indica o 112. Foi a esa hora cando unha persoa particular chamou á central de emerxencias para pedir axuda.

Tras iso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias-061, dos bombeiros, dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Tamén requiriron a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Tal e como comunicaron os bombeiros, finalmente tiveron que facer uso do material de excarceración para abrir a porta do vehículo e liberar á muller.

SAÍDA DE VÍA NA GUARDA

Por outra banda, dúas mulleres sufriron unha saída de vía na tarde do sábado mentres circulaban pola Guarda, concretamente na rúa da Circunvalación á altura da Asociación dos Amigos de Camposancos.

Ao redor das 20,00 horas, un particular alertaba ao 112 de que un coche se saíu da estrada e caeu por un muro. Deste xeito, desprazáronse ata o lugar os servizos sanitarios, os bombeiros do Baixo Miño e o GES da Guarda.

Finalmente, non foi necesario o uso de material de excarceración para liberar as dúas mulleres que viaxaban no vehículo, polo que a intervención dos bombeiros foi descartada. No entanto, as dúas vítimas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta