VÍDEO: así foi a celebración do Día dos Medios en Galego

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/02/2020 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

O Casino 1889 de Carballo acolleu o pasado 7 de febreiro a celebración do Día dos Medios en Galego 2020. Unha data para lembrar as máis de 100 cabeceiras que usan a nosa lingua para seguir comunicando día a día, e que foron reivindicados pola organizadora Asociación de Medios en Galego (AMEGA).

Celebración do Día dos Medios en Galego, coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García
Celebración do Día dos Medios en Galego, coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García | Fonte: AMEGA.

Coa presentación, en clave de regueifa, de Lupe Blanco, e as actuacións de Avelino González e Terbutalina, os medios en galego celebraron a súa data máis sinalada do ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta