A D.O. Valdeorras aposta polas comunicacións virtuais

Contará cunha aplicación informática que permitirá axilizar os fluxos de comunicación entre o organismo e as adegas que o integran

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 20/02/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou o 19 de febreiro a implantación da plataforma de comunicación corporativa miconsejo.dovaldeorras.com, unha ferramenta de comunicación válida e moderna para os seus asociados/as, adegas e vocais do Pleno.

Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO V.
Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO V.

Esta innovación servirá tanto para a recepción de solicitudes e resolucións como para a comunicación de non conformidades, resolucións de solicitudes, retiradas de certificación, certificacións de produtos ou novos produtos.

Trátase dun software específico, a través dunha app deseñada ad hoc -App Mi Consejo- que operará coma un xestor de contidos cun sistema de comunicacións via enderezo electrónico e un sistema de notificacións para iOS e Android.

TRANSFORMACIÓN DIXITAL

Segundo destaca o presidente do organismo, José Luis García Pando, a aplicación permitirá “axilizar os trámites e fará transitar ao Consello Regulador pola senda da transformación dixital”. Ao tempo, engade, posibilitará “que se achegue a información en tempo real, o que suporá un verdadeiro salto cualitativo na comunicación entre os diferentes axentes que conforman o C.R.D.O. Valdeorras”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta