A USC conmemora este xoves o 'Día da Psicoloxía Académica'

O acto concluirá coa entrega dunha insignia e diploma aos estudantes de premio extraordinario de grao e máster.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará este xoves o 'Día da Psicoloxía Académica' cun acto conmemorativo con alumnos, docentes e especialistas desta disciplina na facultade do ramo.

En concreto, estará presidido polo reitor compostelán, Antonio López, a decana Lourdes Mirón Redondo e a responsable do Colexio de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada. A catedrática de Psicoloxía Clínica da Universidade de Valencia, Cristina Botella, será a conferenciante convidada para abordar 'O uso das ITC na intervención psicolóxica'.

O acto concluirá coa entrega dunha insignia e diploma aos estudantes de premio extraordinario de grao e máster.

Na consulta dun psicólogo
Na consulta dun psicólogo | Fonte: inforbano.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta