O consumo de alcol entre menores aumenta en intensidade e patróns de risco. A presión social, a publicidade e a falta de expectativas debuxan un escenario no que a bebida se converte nun rito de paso máis, con consecuencias fatais para moitos. Os últimos datos en España indican que máis do 40 % dos mozos e das mozas de 18 anos amosan cando menos un episodio de consumo intensivo de alcol (consumo en atracón) no último mes.
  comenta   0
O consumo intensivo de alcol en mozos pode causar danos persistentes no cerebro. O catedrático da USC Fernando Cadaveira analiza os seus efectos e alerta da necesidade dun cambio social para frear esta problemática: "Se non xeran o hábito de consumir alcol na adolescencia, probablemente o seu consumo adulto xa sexa moito máis moderado e lóxico".
  comenta   0
Antonio Tova de Llano, psicólogo especializado en adiccións, aposta por sumar ás medidas prohibitivas e preventivas que propón o novo proxecto de lei do Goberno central sobre menores e alcol a educación, como piar fundamental de todas as demais estratexias que se implementen a nivel multifactorial. Sinala que familia, amigos e referentes en redes poden contribuír a que os menores normalicen o consumo da substancia.
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con Alba Abanades, investigadora en Personalidade, Emoción e Saúde na Universidade de Zaragoza para dar resposta a unha pregunta incómoda: podería calquera de nós caer nunha seita?
  comenta   0
Dende a Universitat de Barcelona (UB), o grupo Invictus, composto por múltiples científicos entre os que se atopa a galega Enma Antelo, elaborou unha serie de ferramentas para evaluar o abuso psicolóxico nestes grupos e as súas consecuencias, expostas no X Encontro Nacional sobre Abuso Psicolóxico e Seitas celebrado a pasada semana en Santiago de Compostela.
  comenta   0
Distorsión das expectativas sobre a sexualidade, normalización da violencia e da desigualdade, falta de educación sobre o consentimento e a afectividade, aprendizaxe de prácticas de risco... Un de cada catro nenos ve pornografía por primeira vez antes dos 12 anos e a metade fano entre os 12 e os 15.
  comenta   0
Estes e outros temas derivados do consumo precoz de pornografía abordaranse desde distintas ópticas na sétima edición de 'Tempo da Psicoloxía'
  comenta   0
Unhas conferencias, que se realizan todos os xoves de outubro na Casa da Cultura do Concello de Verín, revisan a traxectoria deste senlleiro intelectual. O ciclo está organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Biblioteca do concello.
  comenta   0
O BNG denunciou que a autorización do grao de Psicoloxía á Universidade Intercontinental da Empresa incumpre a Lei do Sistema Universitario de Galicia do ano 2013.
  comenta   0
A compra compulsiva pode afectar o mesmo que calquera outra adicción. É algo impulsivo, sen meditación previa e acaba afectando e alterando a vida persoal, familiar e laboral de quen é adicto ás compras. Como toda adicción, pode superar as barreiras de sexo, idade e clase social, mesmo sen ter en conta a capacidade económica do individuo afectado. As políticas de prevención son un paso importante para frear este comportamento adictivo, aínda así, poden servir estas políticas nunha sociedade tan consumista como a nosa?
  comenta   0
O psicólogo Roberto Antón Santiago asegura que "se tende moito a estigmatizar este tipo de cousas e de condutas propias da adolescencia, como se todo o que fan os rapaces e as rapazas fose problemático, sen lembrarnos de que nós faciamos o mesmo aínda que fose doutro xeito".
  comenta   0
O psicólogo do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (GIPCE) Diego Antelo Guerra desgrana no I Congreso Nacional de Psicoloxía das Emerxencias como este grupo leva a cabo a súa intervención ante accidentes nos que hai falecidos.
  comenta   0
A psicóloga María Carpallo lembra que "un 43,4 % da xente que chamaba non se atopaba en ningunha situación con respecto á covid, tan só precisaba usar o teléfono porque tiña malestar emocional por estar na casa". Un 66,8 % chamaban por sintomatoloxía de ansiedade; un 30,5 % por sintomatoloxía depresiva; e un 13,9 % por problemas familiares.
  comenta   0
O EMDR é unha técnica de tratamento psicolóxico a través da que se realiza unha desensibilización e reprocesamento por medio de movementos oculares ou estimulación bilateral, pode ser moi eficaz para superar acontecementos traumáticos. A psicóloga do CHUAC Anabel González explica no I Congreso Nacional de Psicoloxía nas Emerxencias como os traumas poden paralizarnos e como se poden tratar.
  comenta   0
Celebrarase entre os días 2 e 4 de maio en dúas localizacións: o Pazo de Fonseca e a Facultade de Psicoloxía da USC, e contará coa participación de 44 expertos e expertas deste ámbito.
Esta é unha das conclusións do proxecto europeo 'Entrances', presentadas no reitorado coruñés con presenza do vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas, e do investigador principal do proxecto, Ricardo García Mira, catedrático da área de Psicoloxía Social da UDC.
  comenta   0
O presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do colexio, Xacobe Abel Fernández, destaca que a proposta "fala de cambios sociais, non de cambios hospitalarios nin sanitarios".
  comenta   0
Juan Carlos Permuy é psicólogo e un dos organizadores das XIII Xornadas “Achégate á Igualdade" "Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades". Este encontro celebrouse o 16 de novembro e nel abordouse a nova masculinidade, unha revisión do papel do home na sociedade para derrubar estereótipos e presións como ser duro, non chorar ou ser provedor. Aínda así, queda moito por avanzar na explicación das novas masculinidades ou masculinidades igualitarias.
  comenta   0
A pandemia da COVID deixou no alumnado problemas de convivencia, bullying ou afeccións na saúde mental. O Goberno central decidiu crear a figura do coordinador de benestar e convivencia para facer fronte a esta problemática. A Xunta presentou o rascuño da orde que introducirá os coordinadores de benestar. Os sindicatos denuncian que isto implica que haxa persoal con novas funcións "a custo cero".
  comenta   0
Tamén manifesta a importancia de visibilizar o acoso escolar mediante proxectos educativos, programas transversais e actividades para educar ao alumnado e á comunidade educativa.
  comenta   0