Netflix estreará no outono a súa primeira produción feita integramente en Galicia

Está baseada no libro 'A desorde que deixas', do ourensán Carlos Montero.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 20/02/2020 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Netflix estreará no outono a súa primeira produción feita integramente en Galicia, un traballo baseado no libro 'A desorde que deixas', do ourensán Carlos Montero, que tamén participa como guionista e director neste proxecto.

Rodaxe da primeira produción de Netflix feita integramente en Galicia, 'A desorde que deixas'. NETFLIX - Arquivo
Rodaxe da primeira produción de Netflix feita integramente en Galicia, 'A desorde que deixas'. NETFLIX - Arquivo | Fonte: Europa Press

Trátase dunha dirección compartida con Silvia Quer e Roger Gual para unha produción, integrada por oito capítulos, e que conta como produtores executivos a Emma Lustres e Borja Pena, de Vaca Films, así como Carlos Montero.

A serie, da que estes días se rodan escenas na Coruña —un dos lugares nos que se ambienta este traballo— dobrarase a dez idiomas e terá subtítulos en 30 linguas.

Na produción participan 180 persoas, aos que se suman 1.700 extras e figurantes, nunha rodaxe que concluirá en marzo deste ano e que inclúe, xunto á Coruña, outras localizacións como Ourense (Celanova, Ribadavia e Bande) e Lugo.

PROTAGONISTAS

Tamar Novas, considerou un "luxazo" poder participar neste proxecto. Do seu personaxe, subliñou que o coñecelo forma parte "do suspense" que ofrece un thriller como este. No entanto, avanzou que dá vida a Germán, un home que tenta abrirse camiño "como escritor". Trátase, segundo apuntou, da parella de Raquel, papel que protagoniza Inma Cuesta.

Esta actriz explicou, pola súa banda, que o seu personaxe, Raquel, é unha profesora que se encarga de facer unha substitución "e empezan a pasar unha serie de acontecementos" por mor dos cales "empezará a tentar descubrir que pasou coa anterior profesora".

Mentres, Emma Lustres afirmou que no caso da Coruña ródase estes días nun inmoble "que na serie é a casa da nai do personaxe de Inma Cuesta". "Os exteriores rodámolos na Mariña", lugar onde se sitúa na serie esta casa.

Tamén lembrou que levan rodando desde outubro e subliñou que se trata dun proxecto "cun compoñente galego moi importante" polas localizacións e a presenza do autor do libro como director e guionista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta