Pablo Iglesias apoiará este sábado na Coruña a candidatura de Antón Gómez-Reino á Xunta

O líder de Podemos e vicepresidente segundo do Goberno central participará na conferencia política que celebrará a formación en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2020 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O líder de Podemos e vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Igrexas, apoiará o sábado, día 29 de febreiro, a candidatura de Antón Gómez-Reino á Xunta nun acto que terá lugar na Coruña.

Pablo Iglesias
Pablo Iglesias | Fonte: @ Miguel Núñez.

Iglesias participará na conferencia política que celebrará Podemos Galicia este sábado e na que prevé celebrar distintas mesas de traballo que abordarán os eixos fundamentais do programa da formación para as eleccións autonómicas do 5 de abril.

O acto, que se celebrará despois de que o xoves se coñezan os resultados das primarias de Podemos Galicia, servirá de proclamación da candidatura á Xunta de Gomez-Reino, o único aspirante neste proceso interno.

Podemos Galicia prevé convidar ao acto a representantes das organizacións socias coas que concorrerá aos comicios galegos.

En concreto, Galicia en Común-Anova é o nome da coalición á que chegaron Podemos, Esquerda Unida e Anova, xunto coas mareas municipalistas, a última hora do pasado venres tras horas de negociacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Dirty Cowboy

E logo que colla a A6 e vaia por Lugo para apoiar a Martiño Noriega como primeiro por Lugo.

4 caxancran

O SuperColetasTrepa ao rescateee do Trepas NomeComposto Sin oficio nin beneficio. Hostiazooooo.a ver si esmorecen dunha vez.

3 Xavolve

No reino de Antón o monarca chámase Pablo. Madrid manda e os madrillegos obedecen. No entanto os nacionalistas galegos de Anova... o conto é triste. É como mirar un coche sabendo que se vai despeñar. Lástima ningunha. Merecen desaparecer de Galiza. Vendidos xa temos ós ppsoeiros. E vox ás portas...

2 Sentidiño

Sorprende que nin Podemos nin IU aparezan no nome da coalición... Imaxino que na papeleta si, non sería a primeira vez...

1 Camilo

Durante a campaña electoral os de Podemos se cadra incluso falan en galego, pero so na campaña electoral