Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/10/2012 | Actualizada ás 15:10
CxG acaba de publicar tres vídeos no Youtube. O primeiro unha montaxe humorística do cara a cara entre Nuñez Feijóo (PP) e Pachi Vázquez (PSOE) para probar que "aburriron". Os galeguistas queren destacar que "tanto Feijoo como Vázquez demostraron, unha vez máis, seren parte do problema e incapaces de aportar solucións". Compromiso denuncia que "nin coñecemos as súas receitas para crear emprego e riqueza, nin sabemos tampouco cómo pensan garantir o benestar despois de seren anecdóticos e superficiais nas súas análises e propostas".
Ademais, Compromiso produciu outro dous vídeos cos que quere pór de relevo en ton desenfadado "as carencias do debate, coma se fose a conversa dunha familia co candidato Xoán Bascuas que acode á súa casa para presenciar o debate".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.