Temas: A LAMA PRISIóN

Traballadores do cárcere da Lama reaniman e salvan a tres presos nun mesmo día

Un deles tentou quitarse a vida aforcado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Tres recluídos do cárcere da Lama foron reanimados por persoal do centro nun mesmo día e en circunstancias diferentes. Os feitos rexistráronse o pasado sábado, segundo indican os sindicatos ACAIP-UGT, ATP, CC.OO. e CSIF.

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: Pontevedraviva.com

O primeiro dos casos produciuse no departamento de Enfermaría, ás 07,45 horas. Un dos internos atopábase en situación agonizante, e os servizos médicos conseguiron reanimalo e mantelo con vida ata o seu trasladado ao hospital, onde foi ingresado na UCI.

Xa pola tarde, un dos reclusos deu o aviso de que o seu compañeiro de cela esborrallara da liteira, no módulo catro. Os funcionarios atopárono inconsciente no chan e levárono á Enfermaría, onde conseguiron reanimalo e aplicarlle medidas para paliar unha suposta intoxicación.

O terceiro dos casos rexistrouse á hora da cea, cando un dos traballadores atopou un dos internos colgado dos barrotes da xanela, amoratado e sen apenas sinais de vida.

O recluso, un interno conflitivo que se atopaba illado nunha cela, fabricouse a soga con farrapos da almofada. O funcionario que o achou rompeu á soga e descolgou o preso que, unha vez reanimado, emprendeuna a golpes co traballador.

FALTA DE CONTROL

Os sindicatos denunciaron "o déficit estrutural" de persoal nas instalacións e que provoca unha repartición de medicación psicotrópica "de forma rutineira" para catro días "a un gran número de internos" e que "alaga os patios" de medicamentos "que son obxecto de trapicheo ou abuso".

Estas organizacións denuncian a falta de prazas de médico e de control á a hora do acceso dos internos ás celas, o que "demostra un nulo contacto coa realidade" e evidencia o "abandono, desapego e deterioración" do servizo público de prisións.

Temas: A LAMA PRISIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta