Sortean un Satisfyer nas festas de San Gregorio de Raxó

A terceira edición deste evento celebrarase os días 14 e 15 de marzo.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 25/02/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Comisión de Festas de Raxó afronta unha nova edición das festas de San Gregorio. Na parroquia pontevedresa de Poio xa está todo organizado. 

Cartel do sorteo dun Satisfyer para as festas de Raxó.
Cartel do sorteo dun Satisfyer para as festas de Raxó.

Desde a organización do evento souberon como conseguir financiamento dunha forma innovadora. Ofertan o famoso 'Satisfyer' nun sorteo. Ademais, tamén sortean un cordeiro entre os participantes.

Nas festas, actuarán tamén a orquestra Trébol e a Pontevedra. Ademais, haberá actividades infantiles, procesións con gaitas, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta