O TSXG avala a legalidade dos recheos do Porto de Marín

O fallo non é firme e cabe presentar recurso de casación contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou a legalidade dos recheos do Porto de Marín e rexeitou a reclamación da Plataforma Defensora da Praza dos Praceres, na que pedía a súa demolición e a reposición da zona á situación anterior á aprobación do Plan Especial do ano 2000.

O Tribunal Supremo declarou ilegais en 2009 as obras de recheo do mar realizadas ao amparo do plan especial do porto de Marín, que foi impugnado polo propio alto tribunal. En concreto, o fallo afectaba, supostamente, á derriba de 300.000 metros cadrado pola anulación do documento.

Tras advertir de que a situación do porto ocupaba unha superficie de 441.349 metros cadrados con anterioridade ao plan, a Plataforma indicaba que tras a ampliación pasaría a ocupar 764.967 metros cadrados, pero solicitaba a designación dun perito para a concreción dos terreos que sería necesario demoler.

Para ditar este fallo, os maxistrados refírense ás conclusións do informe realizado por un enxeñeiro de camiños, canles e portos designado polo TSXG. O perito conclúe que ningunha das sete actuacións levadas a cabo no porto de Marín "se ampara de forma exclusiva" no Plan Especial anulado, senón que "foron definidas nos seus respectivos proxectos ou proxectos modificados".

O técnico tamén sinala que a tramitación ambiental de cada unha das actuacións se realizou "de acordo coa normativa vixente no momento da súa execución".

"O motivo da anulación do Plan Especial foi a falta de sometemento á avaliación ambiental, non a inadecuación para lexitimar actuacións de ampliación do espazo portuario", indica o tribunal, que considerou "completamente executada a sentenza" emitida polo Tribunal Supremo en 2009.

A pesar diso, o fallo non é firme e cabe presentar recurso de casación contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza.

Porto de Marín
Porto de Marín | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta