A Xunta considera necesario aumentar, agora, os efectivos da Policía Autonómica

Tras dar largas nos últimos anos a aumentar este servizo, coincide coa SUP en que son necesarios cen axentes máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Xunta quere agora facer o que non fixo nos últimos anos: aumentar os efectivos da Policía Autónomica. Por iso, coincidiu co Sindicato Unificado de Policía (SUP) en cualificar como "imprescindible" completar o cadro de persoal da Policía Autonómica con 100 axentes máis e ante a previsión dun aumento da carga de traballo en 2021, ano no que se celebrará o Xacobeo.

Así o destacaron o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o secretario federal do SUP, Roberto García, tras manter unha reunión este mércores, segundo informa a Xunta nun comunicado.

A Administración autonómica e o sindicato policial comparten que é preciso "reforzar" o corpo adscrito á comunidade ante o incremento das funcións, como a incorporación da protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Feijóo pasa revista na Academia da Policía Autonómica da Estrada
Feijóo pasa revista na Academia da Policía Autonómica da Estrada | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta