O Concello de Santiago ve "fracaso" social e institucional "na loita contra a violencia de xénero"

Noa Díaz expresou a súa "absoluta repulsa" ao sucedido a pasada xornada en Sevilla e en Fuenlabrada, onde dúas mulleres foron asasinadas as súas parellas e que se suman ás 1.046 vítimas de violencia de xénero en España desde 2003 e 13 desde principios de ano.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/02/2020 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A concelleira de Igualdade da capital galega, Noa Díaz, condenou os dous últimos asasinatos de mulleres polas súas parellas en Sevilla e Fuenlabrada e reflexionou sobre como a sociedade e as institucións están "a fracasar na loita contra a violencia de xénero".

Antes de que se gardase un minuto de silencio fronte ao Pazo de Raxoi, Díaz expresou a súa "absoluta repulsa" ao sucedido a pasada xornada en Sevilla e en Fuenlabrada, onde dúas mulleres foron asasinadas as súas parellas e que se suman ás 1.046 vítimas de violencia de xénero en España desde 2003 e 13 desde principios de ano.

Ademais de en Santiago, este mesmo xesto repetiuse noutros concellos galegos que condenan o machismo, como Mazaricos, de onde era natural a muller asasinada en Fuenlabrada. A xuízo de Noa Díaz, "si que fai falta celebrar días" como o Día Internacional da Muller Traballadora, porque ás mulleres "mátannos por ser mulleres", sentenciou.

Por este motivo, reclamou "máis recursos públicos" desde todas as institucións "habidas e por haber", así como un maior "esforzo" por parte da sociedade, porque tanto a nivel social como institucional existe un "fracaso na loita contra a violencia de xénero". Esta afirmación arguméntaa ao dicir que "as agresións sexuais entre os máis novos van en aumento" e que desde principios de ano xa foron asasinadas un total de 13 mulleres. "Isto é unha mostra de que non o estamos facendo ben".

Aposta por unha "maior e mellor investimento", así como "incidir na importancia da educación". "Ten que existir de novo e incluír materias como as que había de Educación para a Cidadanía" e propor outras de educación afectivo sexual. Ante a inexistencia destas materias, o Concello de Santiago ofrece un programa de educación en igualdade aos institutos para impartir algunhas charlas e talleres aos máis novos.

Incidiu tamén na importancia do ambiente familiar e como tanto a escola como o fogar "retroaliméntanse". Cre que a entrada de partidos negacionistas da violencia de xénero como Vox reforza a súa idea de "seguir traballando neste tema".

A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, xunto con Cruz Dafonte e María Pouse . CONCELLO DE SANTIAGO
A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, xunto con Cruz Dafonte e María Pouse . CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta