Morre a condutora dun coche tras chocar contra un camión na Capela

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Unha veciña das Pontes, B. R. A., de 50 anos de idade, faleceu sobre as 13,35 horas deste mércores, 4 de marzo, tras chocar o vehículo no que viaxaba contra un camión, nun accidente rexistrado á altura do quilómetro 13,350 da estrada AC-564 ao seu paso pola Capela.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Os restos mortais da muller falecida foron trasladados ao Hospital Naval de Ferrol, onde ao longo desta tarde se lle practicará a autopsia. A continuación, a capela ardente levará a cabo no Tanatorio San Roquiño, das Pontes.

A AC-564 é a estrada que une Cabanas coas Pontes, ao seu paso polo municipio da Capela. O accidente tivo lugar na zona onde se toma o desvío para Xasén.

Ao lugar desprazáronse de inmediato efectivos sanitarios, ademais de Bombeiros do Eume e da Garda Civil de Tráfico, así como profesionais do servizo de mantemento de estradas. O 061 informa a Europa Press de que se trasladaron dúas ambulancias, unha de soporte vital básico e outra de avanzado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta