Un novo 'show' de Jácome: responde á oposición que lle gustaría que "os chistes de Lepe se contasen sobre Ourense"

"A nivel publicidade sería moi bo", di o alcalde, que expulsou a Seara (BNG) e Juana Ageitos (PSOE) dun tenso pleno que abandonaron o Bloque e Ciudadanos e no que presumiu de montar "shows políticos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, defendeuse ante a oposición que o acusa de ser "o hazmerreír nacional" dicindo que "oxalá fose así" porque "imaxínense o bo que sería, a nivel publicidade, que os chistes de Lepe se contasen sobre Ourense e o seu rexedor".

Pleno municipal de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome
Pleno municipal de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press

Así o manifestou Jácome este venres na sesión ordinaria dun tenso pleno celebrado no Concello de Ourense e que terminou co portavoz do BNG, Luís Seara, e a edil socialista Juana Ageitos expulsados dunha sesión que optaron por abandaonra os nacionalistas e o grupo de Ciudadanos.

Na sesión, correspondente ao mes de marzo e durante o debate dunha moción presentada por Ciudadanos na que se pedía "un bo comportamento e educación do alcalde nas sesións plenarias e no seu exercicio como rexedor en xeral", Jácome defendeu as súas expresións públicas, que foron afeadas polos grupos da oposición.

Así, o portavoz do grupo municipal de Ciudadanos, José Araújo, xustificou a moción presentada en base á imaxe "lamentable" que dá Ourense "constantemente en informativos nacionais" e que atribúe "á actuación do alcalde".

Neste sentido, cualificou como un "abuso de poder" por parte do rexedor ourensán que "adoita monopolizar as súas intervencións con críticas inxuriosas que superan con fartura os límites do permisible".

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Luís Seara, lamentou que "as formas" do alcalde sexan algo "xa coñecido por todos os membros da corporación" e que ademais "as sufriron nas súas propias carnes funcionarios e representantes da cultura e outros colectivos".

No entanto, o concelleiro nacionalista criticou que a moción "poña o foco no alcalde" e non nos "verdadeiros responsables que o sustentan" sinalando aos concelleiros do Partido Popular.

"Todo o mundo sabe como se comporta o alcalde, o propio Feijóo chegou dicir antes das eleccións que Ourense só tiña dúas opcións: ter un alcalde do PP ou un show político en cada pleno", lembrou Seara.

A estas críticas, Jácome respondeu: "Se podemos, por que non ter as dúas cousas?. Pódese ter un alcalde e un show político".

O grupo municipal socialista compartiu "a preocupación" de Ciudadanos con respecto á "educación" do alcalde e o feito de que "os plenos se convertan nun circo mediático".

Neste sentido, manifestou que "non se pode dicir que a empatía e a asertividade sexan as mellores cualidades do alcalde" senón que dixo que o que "máis abunda" no salón de plenos por parte do alcalde é "o vulgar, chabacano e ordinario".

Pola súa banda, o grupo de Democracia Ourensana saíu en defensa do rexedor e presidente do partido, Gonzalo Pérez Jácome, e alegou que o documento da moción "ataca de maneira básica a dous alicerces da democracia como son a liberdade de expresión e os dereitos do alcalde como persoa que dirixe o pleno".

Finalmente, a moción non saíu adiante debido aos votos en contra do grupo de goberno conformado pola coalición de PP e DO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 anonimo

Hai una diferencia. O alcalde de Vigo tivo maioría absoluta, e o mini - alcalde de Ourense ( mini en todos os sentidos) , foi terceiro, e so chegou a alcalde grazas a un pacto digamos un pouco raro. Pero chamarlle " anano" ao alcalde de Ourense non é, só, una definición da sua estatura física, senón tamén de outras cousas. Un alcalde non pode ser un paiaso, e pensar que todo o mundo ten a falta de intelixencia e a torpeza que amosa el.

6 Gamela

Este anano non é máis cunha "mala copia" do que levamos aturando en Vigo 13 anos ! https://youtu.be/hrYjRvMxNjI O abuso do poder é a clave de bóveda que sostén aos Reinos de Taifas nas que se están a converter os Concellos !!! Nótese que en Vigo está totalmente prohibido grabar os Plenos (agás os medios de comunicación afíns ao réxime!) E as multas por abrir a boca nos Plenos levan funcionando vía Subdelegación de Goberno e Policía Local para disuadir a calqueira que ose interromper ao Caudillo Local ! Democracia Bloqueada

5 anonimo

Non hai nada mais triste que un paiaso sen gracia e un alcalde incapaz de decir algo que non sexan simplezas. Cada vez que Jácome abre a boca, amosa que ten o cerebro valeiro. Seica a sua aspiración é facer chistes e que se rían del, non dos chistes que conta.

4 Ana

Cando non tes nada que ofrecer montas o "show". Pero a xente xa esta farta de este tipo de politicos. Menos populismo e mais proxecto e xestion.

1 Sentidiño

Tu es a Ana troll do bng, ou outra Ana? Porque se escribe "está", "deste" e "máis". E o da "xestion" (sic) é típico da dereita: da xestión ocúpanse os funcionarios.

3 Ana

Asi vai Ourense!.