A Xunta anuncia o reparto de 2 millóns de euros aos medios a menos dun mes das eleccións

Defende dar este diñeiro para ter "uns medios de comunicación plurais e independentes”. La voz recibiu máis da metade destas axudas o pasado ano. O goberno de Feijóo só pide que se utilice un 10% de galego por parte destes xornais para recibir as subvencións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/03/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“A liberdade de expresión e de difusión constitúe un dereito fundamental... E estes obxectivos son evidentemente inalcanzables sen uns medios de comunicación plurais e independentes que cheguen, na súa virtualidade de información e incidencia na conformación da opinión e posturas, a todos os galegos”. Por iso, faise necesario que o Goberno galego poña os axeitados instrumentos de financiamento ao servizo da potenciación e difusión dos medios de comunicación”. Así xustifica a Xunta a convocatoria, a menos dun mes das eleccións, dun paquete de axudas diretas aos medios de comunicación de 2 millóns de euros

publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,
publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,

Este diñeiro será canalizado pola Secretaría Xeral de Medios que dirixe Mar Sánchez Sierra a través da concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión para promover a “liberdade de prensa” entre medios “plurais e independentes”. É dicir, axudas que se dan a dedo e de xeito completamente discreccional.

GRANDES FAMILIAS MEDIATICAS GALEGAS

Con todo, e a pesar de apelar á lingua, á cultura e á galeguidade, case a totalidade destas axudas van para as grandes familias mediaticas de Galicia que publican en español, e delas quedan excluídas practicamente os medios en galego. Así, o grupo Voz, que recibe axudas por triplicado ao seu xornal en papel, o seu xornal dixital e a súa radio é o medio máis beneficiado. O pasado ano recibiu case un millón de euros destas axudas.

O segundo grupo é Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña). Seguelles o grupo El Progreso (El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra, Galiciae e Axencia Galega de Noticias), o grupo La Región (La Región de Ourense e Atlántico Diario) e o Grupo La Capital (El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT). Ademais dos medios tradicionais galegos reciben anualmente axudas grupos como o ABC, El Mundo, Intereconomía, a Cadena Cope ou a Cadena Ser, entre outros.

A Secretaría Xeral de Medios mantén o mesmo importe que o pasado ano. As axudas son de 1.255.000 de euros para xornais en formato papel, os 266.400 euros a empresas radiofónicas e de máis de 455.000 euros para as empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante internet, que soen ser, na maioría dos casos, as divisións dixitais dos grandes medios en papel.  

USO DO GALEGO

Supostamente, estas axudas teñen coma fin difundir o uso do galego en medios que se publican, case na súa totalidade, en castelán. A Xunta tan só pide que xustifiquen o 10% de informacións en lingua galega nos medios escritos. Un requisito que, a pesar de aumentado no último ano, non impide que, ano tras ano, sexa incumprido por algúns medios de comunicación sabedores de que non existe ningún tipo de control ao respecto.

A orde de axudas tamén recolle como “oferta positiva” a adopción do galego como lingua de contacto inicial entre a empresa e a persoa entrevistada. Un parámetro que é imposible de medir á hora de conceder as subvencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Gamela

Comprometidos co servizo público ! E non haberá alguén neste mundo que os leve ante os tribunais e os poña boca abaixo ata que solten o último euro das subvencións por restrinxir a información en pleno Estado de Alarma ??? https://www.lavozdegalicia.es/notic...

4 galegoexiliado

Tendo en conta que moitas verbas en galego son iguais que en castellano a Xunta Xacobea entende que La Voz publícase case a metade en galego, e que merece esos sobornos, perdón, axudas. E digo eu, que si lle dan axudas e cartos a cidadans que viven e pagan impostos na Arxentina por qué non iban a darllelas a empresas e traballadores de Galicia?. De sempre os gobernos sostiveron a Prensa del Movimiento pa difundir as obras milagrosas do Caudillo de turno.

1 Gamela

certamente semella que seguimos instalados no modelo "Prensa del Movimiento" o máis terríble do tema é que as diversas Asociacións de Xornalistas calan e otorgan (?) Non se mira nos programas dos partidos políticos ningún interés por evitar que esto siga a suceder no futuro (?) En Vigo as maiorías absolutas veñen da man dos "medios subvencionados" pero aínda ninguén levou o tema aos Tribunais (?) En definitiva semella que todos somos cómplices (agás GC que leva anos denunciando o tema) !!! https://i.gal/gamela22

3 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Todo elo co beneplácito do poder !!iudichale ma non iuridichonale¡¡ Unha cousa, estar nun dos postos de maior responsabilidade do estado para logo facer o rídiculo perante un politicucho que non ten nin o bachiller debe ser un pouco patético non !!!!

2 Gamela

ABRAN PASO - Ferrín no Faro de Vigo - Veño de ler o mellor programa político-económico que se pode escribir nunha cuartilla para as eleccións do #5A Lástima que o autor estea secuestrado detrás do muro de pago do Faro de Vigo ! https://www.farodevigo.es/opinion/2... Este "programa" debera ser cartel de campaña de tódolos que se chaman a sí mesmos esquerda social e nacionalistas galegos! Pero a xente nin siquera poderá coñecelo senon paga os 3 € (3 meses) que reclaman os que están a facer da liberdade de prensa un noxento NEGOCIO PRIVADO ! Se eu fose Ferrín reclamaría que a miña columna fose en ABERTO ou escribiría o próximo texto na area da praia de Samil (seguro que tería máis difusión!)

1 Tudo bem

Será que Ferrín tamén cobra dos suscriptores do Faro e do diñeiro público subvencionado por Feixoo! Pois a Ferrín e familia, tan esquerdosos na apariencia, non lles desagradan os trinques e as cuchipandas!

2 caxancran

Gamela eres o meu idolo. verdades como puños. seica foden.

3 Gamela

Se queredes ter acceso aberto ao texto de Ferrín igual con 100 RT alguén toma nota ! https://twitter.com/00Gamela/status... Outro xeito máis normal é pillar o Faro de hoxe luns 9 se non o tiraron na cafetería e ler un texto que non ten desperdicio electoral ! Mesmo chama SECTARIOS aos meus amigos da UPG (?) Sen citalos obviamente !!!

1 Gamela

Xa está ben...! A ver cando remata esta sangría e cando imos ter libre acceso á prensa subvencionada ! Xa está ben de PAGAR DÚAS VECES pola mesma desinformación! https://i.gal/gamela22 Non hai ningún partido que denuncie ante a Xunta Electoral ? VERGOÑA !!!