O PSOE pontevedrés confía en gañar o 5A con "ampla" marxe e "comodidade"

Regades confirma a presenza na provincia do presidente Pedro Sánchez e os ministros José Luís Ábalos, Nadia Calviño e Teresa Rivera.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O secretario provincial do PSOE en Pontevedra, David Regades, asegurou que os socialistas superarán ao PPdeG nas próximas eleccións autonómicas do 5 de abril cunha marxe "o suficientemente ampla" como para "ter comodidade" no futuro goberno da Xunta.

"Imos sacar un número de deputados do PSOE na provincia de Pontevedra que debilite dunha forma substancial ao PP", engadiu Regades, que augurou que non será unha "unha maioría dun deputado", senón superior.

Con motivo da reunión do comité electoral provincial, Regades destacou que "toda a fortaleza do PSOE se vai envorcar con Galicia e con Pontevedra para que o cambio sexa o máis amplo posible". "Xa ninguén discute que vai haber ese cambio", sinalou.

Deste xeito, Regades confirmou a presenza na provincia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez; do ministro de Transportes, José Luís Ábalos; e as ministras de Asuntos Económicos e de Transición Ecolóxica, Nadia Calviño e Teresa Rivera, respectivamente.

Tanto en precampaña como en campaña electoral, os socialistas de Pontevedra tamén contarán cos seus representantes no Congreso e o Senado, entre outros representantes institucionais, para percorrer "toda a provincia".

Con todo, tanto nos días previos como na propia campaña electoral, a situación do coronavirus marcará as decisións e a axenda política, que poderá sufrir modificacións. Así, o propio candidato do PSdeG á Xunta, Gonzalo Caballero, sinalou este martes que atenderá as decisións das autoridades competentes.

CONFRONTACIÓN

O secretario provincial do PSOE en Pontevedra apostou polo "diálogo, a colaboración e a transparencia", cuestións que na súa opinión representan "todo o que contrario do que representa Núñez Feijóo". "Hai que acabar coa confrontación que leva Núñez Feijóo nos últimos anos co goberno de España, coas alcaldías de cor distinta ao PP e con tres deputacións nas que non goberna", engadiu.

Con "moitas ganas de gañar" e co "obxectivo claro de que a Xunta sexa liderada por Gonzalo Caballero", Regades insistiu en que "a provincia de Pontevedra vai volver ser o gran músculo do PSOE en Galicia e a facer unha gran achega para que o resultado que salga o 5 de abril sexa o máis cómodo electoralmente posible".

O secretario xeral dos socialistas pontevedreses asegurou que "a calidade de vida" da cidadanía será "maior cun goberno socialista na Xunta" presidido por Gonzalo Caballero e argumentou que nos últimos anos foise "a maior velocidade tendo do mesmo lado os concellos, a deputación e o goberno de España".

O edil David Regades.
O edil David Regades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta