Edicións Positivas presenta ao Samuel L. París máis "Inflamable"

O acto terá lugar o xoves, 25 de Outubro de 2012 ás 20:00 h. no Café Llave de Oro (Avd. das Camelias 112, 36211 Vigo). Estarán presentes o autor, Samuel L. París, e o editor, Francisco Macías

Por GC Tendencias | Vigo | 24/10/2012 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Samuel L. París (Muros1984) é un músico e escritor galego. Licenciado en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola UDC, pasou dous anos en Langangen (Noruega) traballando nunha pequena libraría-mercería. En 2008 publicou Manual da destrución en A Regueifa Plataforma. Membro do proxecto Tinta de Lura, blogueiro e baixista do grupo Terbutalina. En 2012 publicou Inflamable.

Samuel L. París nunha das súas imaxes promocionais
Samuel L. París nunha das súas imaxes promocionais

Se alguén vos di algún día que a poesía é aburrida, ofrecédelle este poemario. Se alguén comenta que a poesía é un coñazo, dádelle a ler este libro. Se alguén non é quen de sorrir con estes poemas, deixádeo por imposible. Significa que non se "inflama" con nada, e ningún proveito poderemos tirar del. Así que lembrade este título para posibles emerxencias tácticas: inflamable de Samuel L. París publicado por Edicións Positivas é un conxunto de poemas para ter a man cando precisemos de material combustible. Sarcasmo e ironía dominan a súa poética, mentres a sátira vai liberando versos como quen dá de beber, mergullándonos en política e literatura de xeito irrespectuoso porque de todo se pode un rir.

Metaliteratura e metamúsica -de existir tal palabra- danse a man nas súas páxinas referenciados Otero Pedrayo, Ferrín, Kafk, Rosalía, Reixa ou Celso Emilio no primeiro caso, Fermín Muguruza, Xurxo Souto, Sabina, The Sonics, Elvis, no segundo. Xogo poético, brincadeira, de todo hai nun libro que non deixa indiferente. A propia contracuberta advirte: “a literatura pode debe arder”, co cal teremos calor lector sen dubidalo.

Poesía e música. Espírito punk e o salseiro que ghabea polas abas do Monte Louro, todo misturado pero con xeito. Non o imos negar, gostamos moito de "Inflamable", a nova creación de Samuel L. París, o baixista de Terbutalina. E ti???

Escoitar Inflamable

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

"presenta Ao". Xurxo, explica a leçom ao bolseiro que leva "tendencias"