Máximo histórico de produción de enerxía con renovables en Galicia

Representa xa o 65,2% do total de enerxía xerada no país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Galicia xerou durante 2019 un total de 24.845 xigavatio por hora (GWh), dos que o 65,2% foron producidos con tecnoloxías renovables, o que supón un aumento de 9,7 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior e alcanzou un máximo histórico desde que se teñen rexistros.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: pxhere.com.

Ademais, segundo os datos do 'Avance do informe do sistema eléctrico español 2019' de Red Eléctrica de España, o 65,4% da electricidade produciuse a partir de tecnoloxías que non emitan CO2, a cota máis alta desde que se teñen rexistros.

A eólica, que tamén anotou un dato histórico desde que se conta con rexistro, foi a responsable do 35% da xeración galega deste ano, mentres que a hidráulica, responsable do 28,4%, son as dúas tecnoloxías líderes da estrutura da xeración galega.

Á eólica e a hidráulica séguenlle o ciclo combinado, que achegou o 13,9% do total, a coxeración (10,1%) e o carbón, cuxa produción se reduciu nun 76,1% respecto ao 2018 e alcanzou os 2,466 xigavatios hora, un 9,9% de toda a electricidade xerada na rexión.

Completan o mix galego o continxente doutras renovables, que significou o 1% da produción e os residuos renovables e non renovables, cuxa achega foi dun 0,7% cada tecnoloxía.

Red Eléctrica sinala que este aumento de produción renovable débese, en parte, a que se puxeron en servizo 394 novos megawatts (mv) de potencia de xeración eólica e foto voltaica, incrementando nun 4% o parque de xeración da rexión ata os 11.416 mv.

Ademais, o grupo indica que a demanda de enerxía eléctrica en Galicia foi un 9,4% inferior á rexistrada no 2018 e alcanzou os 18.351 xigavatios, o que representa o 6,9% de toda a demanda en España no 2019, que foi 264.550 xigavatios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta