Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2020 | Actualizada ás 13:34
Un home resultou ferido de gravidade ao cortarse coa motosierra que estaba a manexar no concello ourensán de Viana do Bolo. Dos feitos informou o 112-Galicia, que recibiu un aviso sobre as 12,30 horas deste sábado dos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Debido á gravidade das lesións, ata o lugar do incidente trasladouse un helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao accidentado ao hospital de referencia.
Ademais, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse os membros do GES da Gudiña, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.