Os afectados polas preferentes seguen coas mobilizacións

Por Galicia Confidencial | Carballo | 27/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Centos de membros de todas as plataformas de afectados polas preferentes e participacións subordinadas concentráronse este sábado en Carballo para esixir a Novagalicia Banco, o Banco de España e o Goberno unha solución "inmediata e global" para todos os afectados.  

Afectados polas preferentes diante dunha sucursal da antiga Caixanova en Carballo
Afectados polas preferentes diante dunha sucursal da antiga Caixanova en Carballo | Fonte: A.M. Pérez Cavolo (‏@Ampc8)

Os manifestantes —máis de 1.500 segundo a organización e 750 segundo a Policía—despregaron unha pancarta na que se podía ler "Queremos os nosos aforros de toda unha vida". Na Praza do Concello, o actor César Cambeiro leu un manifesto.

Durante o percorrido gritáronse consignas como "non pararemos ata que cobremos" ou "co diñeiro dos currantes viven os mangantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 José P. Martínez

Pois o 21-O moitos deles votaron ao PP, o partido que defendeu ás caixas e que defende a súa herdanza. Mexan por nós e...

1 P. Garcia

Verdade, nos concellos con máis afectados polas preferentes gañou o PP. Galicia é Jalisia.

2 Gundar

O que está claro é que dentro de nada haberá que empezar a dicirlle á empresa na que un aínda tén a sorte de conservalo traballo que che paguen na man. Os empregados e directores das sucursais bancarias cobran por enganar ó cliente en lugar de asesoralo.

1 Lobera

Que lle reclamen a Gayoso, que foi quen as contratou. Négome a que se lles devolvan cos meus impostos.