Unha colisión entre un coche e unha furgoneta en Aranga acaba con cinco persoas feridas

Varios particulares confirmaban que o sinistro tivera lugar no quilómetro 542 da autovía e apuntaban que, no momento do accidente, había bastante néboa na zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2025 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Cinco persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital ao resultar feridas nunha colisión entre un coche e unha furgoneta na A-6, ao seu paso polo concello coruñés de Aranga, en sentido Lugo.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu minutos antes das 8.30 horas. O aviso deuno o sistema 'E-Call' que estaba instalado na furgoneta. Ademais, un dos ocupantes puido informar de que no interior do turismo viaxaban catro persoas e que deran voltas de campá, polo que podía haber algunha persoa atrapada.

Pouco despois, varios particulares confirmaban que o sinistro tivera lugar no quilómetro 542 da autovía e apuntaban que, no momento do accidente, había bastante néboa na zona.

Tal e como precisaron, o coche quedou envorcado no lado esquerdo da estrada, mentres que a furgoneta saíuse da calzada polo lado dereito e caído por un terraplén, antes de envorcar tamén.

Así, o 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da A-6.

Ao chegar ao lugar, os bombeiros confirmaron que había cinco persoas feridas que precisaban atención médica. Unha delas seguía no itnerior do coche, pero non foi necesario excarcerala.

Todos os implicados foron finalmente trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Coche accidentado na A-6 en Aranga (A Coruña).. CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO
Coche accidentado na A-6 en Aranga (A Coruña).. CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta