Despregamento da Brilat en Vigo, Vilagarcía e Xinzo dentro da Operación Balmis

A súa función é recoñecer "as zonas máis conflitivas e infraestruturas críticas", segundo o Exército.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2020 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

A Brilat prosegue coa 'Operación Balmis' de colaboración en diferentes cidades co obxectivo de establecer os procedementos de actuación e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19, para o que desprega efectivos este venres en Vigo, Vilagarcía (Pontevedra), Xinzo de Limia (Ourense), así como nas localidades asturianas de Xixón e Siero.

O Exército patrulla polas cidades galegas
O Exército patrulla polas cidades galegas | Fonte: @miguelnuñez

Segundo informou a Brilat, esta actividadse realiza no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus Covid-19.

As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades galegas e asturianas co obxectivo de "recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz" con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

Todo iso, destacou, "para facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta