Taxa de letalidade do COVID-19: do 0,2 % en Alemaña ao 7,4 % en Italia, pasando polo 1 % en Galicia e o 5 % en España

Coñecer a porcentaxe de mortos sobre o total de infectados polo coronavirus é fundamental para establecer a incidencia real do virus. Con todo, está a resultar moi complicado calculala, xa que se descoñece o número real de infectados en todo o mundo e os datos varían día a día por continentes, países, rexións, cidades...

Por Alberto Quian | Madrid | 20/03/2020 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A taxa de letalidade distínguese da de mortalidade. A primeira refírese á porcentaxe de mortos entre a poboación contaxiada, mentres que a segunda mostra a porcentaxe de falecidos entre a poboación xeral (por exemplo, entre todos os cidadáns que residen nun país).

Posible infectado de coronavirus entra en Urxencias en Vigo
Posible infectado de coronavirus entra en Urxencias en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Calcular a taxa de mortalidade é relativamente sinxelo, xa que a menos que un goberno pretenda ocultar os datos de decesos, estes son públicos e incontestables. Con todo, está a resultar moi complicado calcular a taxa de letalidade para o COVID-19, xa que hoxe se descoñece o número real de infectados en todo o mundo e os datos varían día a día por continentes, países, rexións, provincias, cidades…

As enormes diferenzas que existen entre países poderían explicarse por múltiples factores: porcentaxe de casos  asintomáticos identificados, nivel de detección precoz de casos, sistema sanitario e recursos dos que se dispoñen, nivel de envellecemento da poboación e outros factores sociodemográficos e económicos, salubridade e hixiene…

Se atendemos aos datos actuais, a data 20 de marzo de 2020, no mundo detectáronse 250.625 contaxios e contabilízanse 10.255 falecementos, o que resulta nunha taxa de letalidade global do 4,1 %. É dicir, 4 de cada 100 infectados morren.

Se atendemos á taxa de mortalidade global, esta é de ao redor do 0,00013 %, cunha poboación mundial duns 7.700 millóns de persoas.

En España, a taxa de letalidade sitúase de momento no 5 % e a de mortalidade, en aproximadamente o 0,002 %.

En Galicia rexistráronse ata este venres 567 casos de contaxios e seis mortes. Isto supón unha taxa de letalidade bastante baixa, de momento, dun 1 % e unha taxa de mortalidade do 0,0002 %, por debaixo da media estatal.

Esta é a taxa de letalidade nos dez países máis castigados polo coronavirus, ademais de Galicia (datos a día 20 de marzo de 2020):

Países

Total de casos

Total de mortes

Taxa de letalidade

China

80.967

3.248

4 %

Italia

41.035

3.405

7,4 %

España

19.980

1.002

5 %

Irán

18.407

1.284

7 %

Alemaña

16.626

44

0,2 %

Estados Unidos

14.366

217

1,5 %

Francia

10.995

372

3,4 %

Corea do Sur

8.652

94

1,1 %

Suíza

4.222

43

1 %

Reino Unido

3.269

144

4,4 %

GALICIA

567

6

1 %

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galician people

Ten unha razón aplastante. Tecnoloxía e capacidade de atender os casos críticos con eficacia. Italia non o cumple porque está desbordada e Madrid aínda peor. Galiza de momento ten suficientes UCIS. Sí está o quid da cuestión.