Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 17:40
A Policía Local da Coruña identificou a catro persoas que a pasada madruada de venres protagonizaron unha pelexa no barrio de Monte Alto, na Coruña. Segundo confirmaron fontes do Concello a Europa Press, tres homes e unha muller estiveron "encerellando" na rúa preto das 00,15 horas do pasado 20 de marzo.
Foron os veciños os que deron o aviso á policía cando unha no medio da pelexa a muller subiu ao capó dun coche para tentar impedir que os outros dous ocupantes arrincasen e marcharan da zona. Segundo fontes consultas, a muller tentaba evitar o roubo do vehículo.
Nese momento, lonxe de parar o vehículo, o condutor arrincou o motor e avanzou uns metros coa muller sobre o capó ata que freou e ela caeu ao chan, pero volveu subir e o home que conducía volveu emprender a marcha a unha velocidade considerable como para levar a unha persoa enriba do automóbil.
Finalmente, a muller acabou cunha perna atrapada entre un coche e outro. Así a atoparon os axentes da policía, mentres as outras tres persoas implicadas na pelexa seguían pelexando e berrando na rúa.
Para estas persoas o estado de alarma non foi un impedimento para saír de casa e encerellarse en metade da noite, mentres os veciños do barrio observaban o que estaba a suceder no interior e alertaban á Policía. O asunto acabou en mans da Policía Nacional, mentres que o corpo local encargouse de tomarlles os datos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.