Unha empresa galega crea unha tenda virtual para o comercio local

A iniciativa de Eprox non terá custos durante o tempo que dure a crise sanitaria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A empresa galega Eprox creou unha plataforma para que o comercio local da Comunidade poida vender de forma en liña os seus produtos de maneira gratuíta durante o estado de alarma.

Este 'Marketplace' xa está dispoñible para que os comercios de Galicia poidan subir os seus produtos. O vindeiro luns, 23 de marzo, lanzarase ao mercado en "un momento crítico" pola crise do coronavirus.

De tal forma, con Eprox os pequenos comercios poderán dispor dunha tenda virtual, subir os seus produtos e ofertas destacadas e polas a disposición de miles de usuarios, que terán a opción de facer compras desde este luns.

Para darse de alta, as tendas interesadas só terán que cubrir un formulario en www.eprox.store e recibirán unha ligazón coas súas credenciais para empezar a crear a súa tenda virtual.

SEN CUSTO

Esta iniciativa non terá "ningún tipo de custo" mentres dure o estado de alarma, pois non haberá que pagar por darse de alta nin haberá comisións por vendas. "Cremos que é o momento de arrimar o ombreiro e ofrecerlles unha opción real de venda que non lles custe nin un só euro", afirma o CEO da empresa, Alberto Rodríguez.

COE de Eprox, Alberto Rodríguez. EPROX
COE de Eprox, Alberto Rodríguez. EPROX | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta