Morre outra muller de 84 anos en Santiago, que eleva as vítimas mortais a 15

Súmase a outra muller de 77 anos que morreu en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Unha muller de 84 anos é a última vítima mortal con coronavirus que rexistra a Comunidade galega e que eleva o número de falecementos ata os 15.

As autoridades sanitarias confirmaron que esta muller presentaba "múltiples patoloxías previas" e que fora diagnosticada con coronavirus.

Atopábase ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e faleceu esta mañá de domingo. Así, durante o día de hoxe xa son dúas persoas as vítimas mortais que rexistra Galicia.

A outra persoa falecida tamén nesta xornada, é unha señora de 77 anos que estaba hospitalizada no Juan Cardona de Ferrol e que tamén presentaba patoloxías previas. Súmanse aos catro falecidos da pasada xornada do sábado, unha muller de 68 anos, un home de 81 e outros dous de 93 e 74 respectivamente; todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta