Piden que Amancio Ortega reciba o premio Princesa de Asturias por colaborar na crise do coronavirus

A súa fundación fretará dous avións para traer os estudantes con bolsas en Canadá e EE.UU.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/03/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Unha iniciativa na plataforma de recollida de firmas Change.org propón ao empresario do téxtil Amancio Ortega como candidato ao Premio Princesa de Asturias da Concordia, polas súas doazóns ao sistema sanitario durante a crise do coronavirus.

Prodúcese a iniciativa despois de que este luns aterrase no aeroporto de Zaragoza o primeiro avión de Inditex con material sanitario.

Alumnos En Clase. EUROPA PRESS/UPO - Arquivo / Europa Press
Alumnos En Clase. EUROPA PRESS/UPO - Arquivo / Europa Press

TRASLADO ESTUDANTES

A Fundación Amancio Ortega fretará dous avións con destino a Estados Unidos e Canadá para repatriar aos 600 escolares que tiñan unha bolsa para realizar o curso escolar neses países, segundo adiantou 'Escudo Dixital' e confirmaron a Europa Press fontes da Fundación.

A entidade está a facer xestións para reagrupar a todos os mozos ao redor de Dallas e a Toronto e trasladaraos a España esta mesma semana, en dous voos operados por unha aerolínea comercial española.

A Fundación bolsa cada ano a 600 escolares --100 de centros de Galicia e 500 do resto de España-- para que realicen o equivalente a primeiro de Bacharelato en Estados Unidos e Canadá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 500.000 mascarillas

En qué país o vai recoller?? Turquía, Marrocos, India, Vietnam, Camboya, Laos, Bangladesh, China, Indonesia, Portugal...?? Si todos os postos de traballo que tén nestos países os trouxera para Galiza, non habería paro. Non gañaría tanto, máis o pobo si lle daría o príncipe de Asturias.

1 Goudelha

Os premios tamén desgravan? A famiglia Ortega...