O período de adaptación para 4º curso de Educación Infantil non se prolongará máis aló de 17 de setembro.
  comenta   0
Este acoso provocou que as menores deixasen de ir a clase para evitar enfrontarse ao seu compañeiro empregando diversas escusas ante a súa familia. Así, o seu rendemento escolar empezou a decaer e tiveron que recibir tratamento tanto piscolóxico como psiquiátrico, con episodios de medo e grande ansiedade.
  comenta   0
Deste xeito, Galicia acumula dous meses consecutivos (agosto e setembro) de perda de cotizantes. Non entanto, na comparativa con setembro de 2022 hai 21.766 afiliados máis na comunidade, un 2 % máis.
  comenta   0
Os pais e nais do alumnado que comeza curso este ano enfrontan unha suba en prezos tanto de material escolar como de roupa e calzado para os menores. De media é posible que unha familia en Galicia gaste entre 450 e 500€ para “equipar” o alumno ou alumna de cara afrontar os vindeiros nove meses académicos. Mentres, sectores do profesorado e pais e nais de alumnos reclaman a volta ao libro gratuíto e a eliminación da “picaresca” no caso do E-Dixgal, o sistema de libro electrónico da Consellería de Educación.
  comenta   0
Galicia foi a terceira comunidade con maior número de alumnos inscritos o pasado ano: 1.375 dun total de 10.634. Este curso dá a oportunidade a miles de estudantes españois de vivir en primeira persoa unha experiencia práctica ao converterse en auténticos directivos. Para iso, terán que dirixir a súa propia empresa virtual durante o curso escolar co uso dun avanzado simulador de xestión empresarial e desenvolver habilidades de dirección e xestión nos negocios.
  comenta   0
O curso pasado máis de 170.000 estudantes de toda España ampliaron os seus coñecementos financeiros a través deste tres propostas educativas impulsadas por Abanca e Afundación.
  comenta   0
En declaracións aos xornalistas no inicio do curso, a alcaldesa, Inés Rey, aludiu á "desidia" por parte do Executivo galego en relación ao mantemento dos centros e asegurou que, por ese motivo, o goberno local está a preparar un informe "con todas as necesidades dos centros para trasladalo á Xunta".
Máis de 16.000 nenos iniciaron o curso escolar en Santiago de Compostela, que rexistrou incidencias no transporte, coa chegada de varios autobuses "tarde", e o servizo de comedor do CEIP da Sionlla.
  comenta   0
Rodríguez remarcou, ao redor dos cocientes, que "a pesar dos que se di" a comunidade galega teñen "unhas dos mellores cocientes" do conxunto de España.
  comenta   0
"Unha das claves para que ler sexa parte da vida real dos nenos e nenas é que os libros que se lles achegan sexan realmente atractivos para eles", destaca a Federación de Librarías de Galicia.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG apunta que é necesario un goberno na Xunta "que se poña a traballar" porque o Executivo galego "vive instalado nunha realidade paralela".
  comenta   0
Máis de 225.000 alumnos galegos comezarán o día 11 o curso escolar "máis caro" para as familias. O 76% delas acudirán a préstamos ou anticpos de cartón de crédito para afrontalo.
  comenta   0
O grupo parlamentar fará propostas para combater a grave situación económica, sanitaria, social e ambiental do país.
  comenta   0
A vicepresidenta e a portavoz no Congreso de Sumar, Marta Lois, avanzan que traballan tamén por unha Mesa do Congreso "progresista" e evitan confirmar se desde o partido se negocia co expresidente da Generalitat, Carles Puigdemont, en favor dunha hipotética investidura de Pedro Sánchez.
  comenta   0
CIG-Ensino denuncia que a administración obriga a 200 centros educativos a cubrir agora datos para poder xustificar o cobro dun programa aprobado hai meses e que non se executou.
  comenta   0
Progresa a educación no país nunha senda de descapitalización da mesma, convertendo ás titulacións nun verniz cada vez con menos contidos asociados? Sobre isto reflexiono neste frenético mes de xuño, antesala do fin do curso escolar, do tempo de solsticio e das vacacións de verán para a rapazada...
  comenta   0
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, entregoulle o pasado luns 5 de xuño o premio 'Clubs de Lectura 2023'.
  comenta   0
O sindicato valora que Educación se abra a negociar, pero urxe a empezar "de inmediato" para aplicar as melloras en setembro
  comenta   0
Di que incrementou ata os 60 millóns de euros nos fondos destinados á protección de menores en situación de risco ou desamparo.
  comenta   0
Os ministerios xustifican que o alumnado que realizará a proba de acceso á Universidade no verán de 2023 "cursou gran parte da súa escolarización con restricións e tivo que sortear dificultades que deben seguir téndose en conta á hora de deseñar esta proba".
  comenta   0
O Plan de mellora enerxética contempla para os centros educativos obras e melloras para camiñar cara a eficiencia sen perder confort e seguridade
  comenta   0
"Os centros educativos deben asegurar e promover a accesibilidade universal tanto física, como sensorial, comunicativa e cognitiva", sinala COGAMI.
  comenta   0
O virus pode permanecer durante anos no organismo sen causar síntomas, o que dificulta concretar o momento exacto en que a persoa o contrae. Tanto os homes como as mulleres poden ser portadores sen síntomas e transmisores da infección por VPH.
  comenta   0
Segundo o alcalde, Fernando Suárez Barcia, “as familias teñen un sentimento de frustración moi grande ao non teren unha explicación clara para saber a que responde esta alteración substancial nos puntos de parada do transporte escolar".
As reducións de profesorado abren gretas na educación ao alumnado con necesidades especiais, unha realidade "cada vez máis complexa, numerosa e que implica unha maior carga de traballo".
  comenta   0