A Xunta propón comezar o luns 8 de setembro o curso escolar 2025/26

Finalizaría o venres 19 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A Xunta propón que o próximo curso escolar 2025/26 comece o luns 8 de setembro e finalice o venres 19 de xuño en todas as etapas educativas, excepto a FP, onde as clases terminarían o 15 de xuño.

Así o recolle o borrador que a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades acaba de remitir aos sindicatos da mesa sectorial docente (CIG, CCOO, ANPE e UXT), que se reunirá o próximo 6 de maio.Á parte dos ciclos, tamén haberá unha excepción para os ensinos de réxime especial debido ás "características e particularidades" das mesmas, tal e como explica a Xunta. Nestes casos, cabe a opción de flexibilizar o inicio das clases ata o luns 15 de setembro, como moi tarde.

Dúas profesoras cun grupo de alumnos o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela / Carlos Castro - Arquivo / Europa Press
Dúas profesoras cun grupo de alumnos o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela / Carlos Castro - Arquivo / Europa Press

Ademais, como ocorre todos os anos, o período lectivo finalizará antes en 2º de Bacharelato, para adaptarse á Proba de Acceso á Universidade (PAU), que aínda non ten data para 2026.

O calendario tamén contempla o coñecido como 'período de adaptación' para 4º de Infantil (3 anos). Así, os centros poderán optar pola incorporación gradual dos nenos a primeira semana, en ningún caso máis tarde do luns 15 de setembro.

VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

En canto aos períodos de vacacións escolares, as de Nadal irán do luns 22 de decembro --de facto, o último día de clase sería o venres 19-- ata o mércores 7 de xaneiro, ambos os incluídos. Os días de Entroido serían luns 16, martes 17 e mércores 18 de mércores; e as vacacións de Semana Santa irían do luns 30 de marzo --xa non habería clase desde o venres-- ao luns 6 de abril, ambos os incluídos.

Así mesmo, serán non lectivos o venres 31 de outubro (Día do Ensino) e o venres 5 de decembro, aos que se suman as correspondentes festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local. A proposta de orde de calendario que elaborou a Consellería de Educación tamén recolle que, o próximo curso, as probas de diagnóstico serán entre o 13 e o 17 de abril, para 4º de Primaria; e do 20 ao 24 de abril, para 2º de ESO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta