Acusan á Xunta de favoritismo co sector da caza por permitir a actividade cinexética durante o estado de alarma

A asociación ASCEL considera que os permisos cinexéticos son un trato de favor por parte da administración galega en plena aplicación do decreto do 14 de marzo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Asociación para la Conservación y Estudio del Lobo Ibérico, denuncia a resolución do 21 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, pola cal se contempla no sétimo punto da mesma, un acordo para facultar a posibilidade de accións de caza en Galicia.

Xabaril. XUNTA - Arquivo
Xabaril. XUNTA - Arquivo

ASCEL considera que por vivirse unha situación excepcional e grave, non se pode permitir a introducción de confusión e tratos de favor a determinados sectores. Ven esta actuación da administración galega como arbitraria e impropia e falta de exemplaridade por parte dun organismo público.

Ademais do dito, ASCEL estima incomprensible que logo de declarar o Estado de Alarma o 14 de marzo de 2020, aparecese publicado o 15 de marzo no DOG un acordo do día 13 do mesmo mes, data en que se celebrou un Consello da Xunta de Galicia. O acrodo declaraba no punto décimo terceiro a conveniencia de permitir a caza do xabaril.

Xunto ao dito, a Asociación estima que logo da declaración de Estado de Alarma, é un absoluto sarcasmo que haxa tempo para estudar “os graves danos xeneralizados, os accidentes graves de tráfico ou riscos en sanidade animal”. A conclusión da asociación ambientalista é que se busca contentar a algúns cazadores, permitíndolles saír ao monte para cazar como “causa de forza maior ou situación de necesidade”.

Como consecuencia disto, ASCEL presentaou unha dobre denuncia ante a Delegación do Goberno de España en Galicia e ante o Ministerio do Interior. As denuncias piden que se anule o punto sétimo que permite a actividade cinexética en Estado de Alarma, apertura de expedientes sancionador a quen suscribise os acordos, retirada das facultades ás autoridades que interfiran no estado de alarma e, por último, que ningunha actividade cinexética pode estar exenta das restriccións do Real Decreto 463/2020 de Estado de Alarma.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta