Aumentan a 50 os casos de maiores contaxiados con novos casos nos centros do Barco, Teo, Ourense e Cangas

Os principais focos están nas residencias de maiores de Vigo e Celanova, onde a situación é crítica.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Un total de 47 usuarios positivos por coronavirus e 11 profesionais. Residencias de Vigo, Santiago, Celanova, Caldas, dúas na Coruña, O Barco, Ourense e Teo. 9 residencias con casos, en Galicia hai 223. Xa son case 60 os usuarios e traballadores contaxiados de coronavirus en nove residencias de Galicia, aínda que a cifra pode ser maior.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Segundo informa a Consellería de Política social, hai 47 usuarios positivos por coronavirus e 11 profesionais, ademais dun número indeterminado de persoas e traballadores illados ou con posibilidades de desenvolver a enfermidade. Familiares apuntan a que poden ser máis de 200 as persoas postas en corentena.

Aos casos coñecidos das residencias de DomusVI Barreiro, en Vigo e DomusVi San Lázaro, en Santiago, a de Celanova e a de Caldas de Reis, súmanse agora outros novos centros. Así, confirmanse positivos na DomusVi de Aldán-Cangas, e en centros da Coruña, Ourense, O Barco e Teo. En total, son nove centros de maiores os afectados dos 223 que hai en Galicia.

Así, e segundo a Xunta, hai dous casos confirmados nun centro da Coruña e do Barco, outro en Ourense e Cangas e outro en Teo. Con todo, o foco os focos máis preocupantes siguen sendo os de Celanova, Santiago e Vigo. En Celanova son 13 os usuarios contaxiados, igual que en Vigo. En Santiago son preto de dez.

Tras a situación crítica que viven en Celanova, con só catro traballadores ao límite para atender a todos os residentes, a Xunta anunciou que enviaría máis traballadores de reforzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pechade madrid

o de celanova foi porque houbo un contaxio nun funeral da merca, seica estaba a senadora do pepeiro a doutora "peste negra" veu de Madrid co "becho" deronse moitos bicos e apretons de mans e contaxiose una auxiliar que atendia o xeriatrico de celanova (E A PRIMEIRA VEZ QUE O SENADO ROMANO DE EXPAÑA TRAE ALGO A OURENSE)!!!!!!