Sancionados dous homes bebendo nunha terraza en Boiro

Na Coruña, detectaron casos de persoas que simulan vir de comprar o pan.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/03/2020 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil impuxo o luns un total de 130 infraccións na provincia da Coruña por incumprir as restricións impostas no marco do estado de alarma, segundo informa en base aos datos rexistrados ata o luns.

O Exército patrulla polas cidades galegas
O Exército patrulla polas cidades galegas | Fonte: © Miguel Núñez.

En concreto, explica que, entre os casos detectados, está o de dúas persoas en Boiro que estaban a tomar unha cervexa na terraza dun supermercado e outro en Negreira cunha bolsa de plástico chea tamén desta bebida.

En Muros, localizouse un home lavando o seu vehículo na vía pública, mentres que en Ortigueira viuse outro dando un paseo pola praia.

AXENTES DE PAISANO NA CORUÑA

Mentres, a Policía Local da Coruña intensificará, con patrullas de paisano que apoiarán aos axentes uniformados, os controis para a detección de persoas que pretendan burlar as restricións impostas, segundo informa o goberno local.

No caso da Coruña, aseguran que detectaron casos de veciños e veciñas que levan consigo barras de pan para alegar se os pairan que viñan de compralo "sen reparar que os policías non queren denunciar, senón que só buscan que se respecten as restricións".

Doutra banda, desde o 092 piden á cidadanía que cumpran coas normas básicas de convivencia nos domicilios ao estar neles todo o día bebés, nenos e nenas e peronas maiores, "moitos deles enfermas ou vulnerables aos ruídos".

Respecto diso, asegura recibir numerosas denuncias de particulares provocadas por pequenas obras no interior das vivendas, música alta, festas familiares ou de amigos "ou mesmo pola utilización irresponsable de zonas comúns das comunidades veciñais como patios interiores ou escaleiras para reunirse, xogar, facer deporte ou bailar".

Mentres, a Policía Local de Sada (A Coruña) formulou 40 denuncias, segundo informa. Por outra banda, explica que reforzou con catro novas incorporacións o persoal actual.

Das denuncias, precisa que son por incumprir as normas sobre utilización dos vehículos; saír á rúa co can estando a máis dun quilómetro do domicilio; trasladarse desde outros concellos para facer a compra ou asistir a actos relixiosos, cita, entre outros exemplos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta