Investigada en Xinzo por dicir nas redes que unha muller morreu tras ser contaxiada pola nora

Ollo aos bulos porque podes ir ao cárcere.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) procedeu a investigar por inxurias a unha moza por manifestar por redes sociais que unha muller deste municipio falecera con coronavirus tras ser infectada pola súa nora, quen non manifestou síntomas da enfermidade.

Así o informou o Instituto Armado, que explicou que a muller investigada, que non ten relación coa falecida, dixo que a nora desta, quen presentou a denuncia, infectara á señora.

Por iso, a Garda Civil tomou declaración o 24 de marzo ás 22,20 horas en calidade de investigada a D.J.G., de 31 anos de idade, como presunta autora dun delito de inxurias.

A moza foi investigada tras difundir un audio nun grupo de Whatsapp no que dicía que a sogra da denunciante "falecera de coronavirus" tras ser contaxiada pola súa nora, "sendo iso totalmente falso", subliñou a Benemérita. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.

Redes sociais
Redes sociais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta