Soben a seis os policías infectados por coronavirus e 50 están pendentes de probas

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada de Gardas Civís (AEGC) denunciaron ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social "graves carencias" nos medios de protección individual de ambos os corpos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Os casos positivos de coronovarus na Policía Nacional de Galicia aumentaron ata seis na xornada deste mércores e outros 50 axentes permanecen á espera de realizar as probas. Diso informou a Europa Press o SUP Galicia, que explica que un destes axentes se atopa hospitalizado mentres que os outros cinco permanecen illados nos seus domicilios.

O último caso coñecido correspóndese cun policía nacional de Ourense, que se suma aos tres positivos que se rexistraron ao longo desta xornada, na que tamén transcenderon dous casos na Xefatura Superior da Coruña, un dos cales é o axente que está hospitalizado, e outro en Salvaterra de Miño.

Ademais destes novos casos, segundo os datos do SUP Galicia, outro axente, con destino na Coruña, que estaba a facer o curso para acceder á categoría de subinspector en Madrid, tamén está illado en Ourense tras dar positivo no test.

Por último, outro efectivo, con destino en Madrid, está illado en Lugo tras comezar a presentar síntomas cando se atopaba nesta cidade e arroxar un resultado positivo nas probas.

DENUNCIA ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO

Precisamente, este mércores, o Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada de Gardas Civís (AEGC) denunciaron ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social "graves carencias" nos medios de protección individual de ambos os corpos.

O SUP e a AEGC explicaron que tomaron esta medida tras comprobar que "non se proporciona aos funcionarios medios profilácticos suficientes como máscaras, luvas, xeles desinfectantes ou lentes" ou que mesmo se "impide que utilicen aqueles obtidos pola súa conta".

Nun comunicado conxunto, ademais, ambas as entidades informan de que iniciaron os trámites para interpor unha demanda para que se ordene a compra e "distribución efectiva e real de equipamentos de protección que eviten que os axentes e as súas familias, como colectivo de alto risco, estean expostos a un contaxio sen as necesarias medidas profilácticas".

Coche Policía Nacional. EUROPA PRESS/ARQUIVO / Europa Press
Coche Policía Nacional. EUROPA PRESS/ARQUIVO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta