O PSdeG critica á Xunta por repartir material caducado entre os concellos

G. Caballero rexeita o peche de centros de saúde e denuncia a perda de 1.000 camas en hospitais. "É o momento de reforzar e non de recortar", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou á Xunta por entregar material caducado a algúns alcaldes e insistiu, en que, tras esta crise, máis que privatizar servizos públicos esenciais, como a sanidade ou os servizos sociais, hai que “reforzar o estado de benestar” e os sectores públicos.

Luvas e máscaras sanitarias
Luvas e máscaras sanitarias

Algúns alcaldes dinme que están recibindo material sen data de caducidade. E, nestes momentos, máis que nunca hai que traballar con garantía e que todo o material sexa de máxima seguridade e que se doten de máis medios aos distintos sectores”, dixo nunha rolda de prensa telemática.

As críticas son con ánimo construtivo porque este escenario non era previsible hai tres semanas.  E que isto sirva para dar marcha atrás da privatización do pública, da sanidade, dos asuntos sociais e a educación. Porque ter un ámbito público forte é fundamental para ter respostas rápidas”, dixo. Con todo, amosou o seu rexeitamento ao posible peche de centros de saúde en Galicia durante a crise do coronavirus e denunciou a perda de 1.000 camas hospitalarias nos últimos 12 anos.

CRÍTICAS POLO PECHE DE CENTROS DE SAÚDE

Gonzalo Caballero mostrouse contrario ao peche de centros de saúde anunciado polo Sergas e subliñou a importancia de "manter activa" toda a sanidade próxima á cidadanía, especialmente nunha comunidade como a galega cunha gran dispersión xeográfica.

Na súa intervención, así mesmo, denunciou que, a día de hoxe, hai en funcionamento "1.000 camas" hospitalarias "menos" que "hai 12 anos en Galicia". "Hai hospitais que non están plenamente operativos e temos que facer un esforzo porque a sanidade pública é o mellor que temos", manifestou.

Todo iso despois de que nunha rolda de prensa celebrada o martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurase que Galicia necesitaría 4.000 das 6.200 camas do Sergas para facer fronte ao pico do coronavirus. "É o momento de reforzar e non de recortar", subliñou nunha intervención na que instou ao Sergas a contratar de forma estable aos profesionais e a "non retroceder" nos centros de saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta