Nacen os premios 'Valedora do Pobo' para recoñecer os mellores proxectos de fin de carreira sobre igualdade

O concurso está aberto a traballos orixinais "lidos, defendidos e ou xulgados" ante tribunal de calquera universidade galega durante os cursos académicos 2016-2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2020 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

As tres universidades galegas en colaboración coa Xunta lanzaron a primeira edición dos premios 'Valedora do Pobo', que recoñecerán os mellores proxectos de fin de grao e máster sobre igualdade e os dereitos da muller.

Segundo informa a USC nun comunicado, o certame está dotado con 1.000 euros de premio, ademais dun diploma acreditativo para cada unha das candidaturas.

O concurso está aberto a traballos orixinais "lidos, defendidos e ou xulgados" ante tribunal de calquera universidade galega durante os cursos académicos 2016-2020. Quedan excluídos os traballos xa premiados noutros galardóns.

O prazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 15 de outubro nos rexistros das universidades. Tamén poderán entregalo en calquera outro rexistro oficial sempre que se notifique en tempo e forma ao Valedor do Pobo.

O delegado do Goberno, Javier Losada coa valedora do Pobo, María Dolores Fernández. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno, Javier Losada coa valedora do Pobo, María Dolores Fernández. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta