Felipe VI pregunta polo impacto do coronavirus no sector pesqueiro en Galicia

Mantivo unha videoconferencia co presidente da Federacion Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 26/03/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O rei Felipe VI mantivo esta tarde unha videoconferencia co presidente da Federacion Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, para coñecer o impacto da pandemia de coronavirus no sector da pesca, considerada unha actividade produtiva esencial, informaron fontes do Palacio da Zarzuela.

O Rei mantén unha videoconferencia co Presidente da Federacion Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira. CASA REAL
O Rei mantén unha videoconferencia co Presidente da Federacion Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira. CASA REAL | Fonte: Europa Press

Na conversa, o presidente das confrarías galegas expresou a súa inquietude polas dificultades que ten especialmente o sector da pesca de baixura para cumprir as medidas de protección contra o virus en pequenas embarcacións.

O sector pesqueiro supón, só en Galicia, 40.000 empregos directos, que procesan o 70 por cento da pesca fresca en España e o 84 por cento da produción española.

Recentemente, o propio Pérez Sieira trasladou que o sector da pesca galega afronta unha situación "inviable" cunha caída acusada de prezos, á vez que o marisqueo está "parado" porque "ninguén o compra xa" con restauración pechada e sen eventos. "O sector moito máis non vai resistir", avisaba o tamén patrón maior de Ribeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta