VÍDEO: o aplauso de policías e gardas civís aos sanitarios galegos

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/03/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

É unha imaxe que se está repetindo en practicamente todos os hospitais de Galicia e España: policías nacionais, locais e autonómicos, gardas civís, bombeiros e membros de Protección Civil acoden cada día a aplaudir e dar as grazas aos sanitarios que se están deixando a pel na primeira liña de combate contra o coronavirus SARS-CoV-2.

Emotiva homenaxe aos traballadores do CHUAC que están na primeira liña de combate contra o coronavirus SARS-CoV-2
Emotiva homenaxe aos traballadores do CHUAC que están na primeira liña de combate contra o coronavirus SARS-CoV-2 | Fonte: Policía da Coruña.

Estas imaxes foron gravadas este mércores pasado ás portas do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta