En Común apremia á Xunta para "intervir" e "medicalizar" as residencias de maiores

Así mesmo, demandou que "todos" os recursos da sanidade privada pasen a mans das administracións públicas para combater a pandemia de coronavirus. O BNG esixe medidas para protexer os traballadores precarios e que perden o seu traballo e pechar fábricas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2020 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A coalición Galicia en Común-Anova Mareas insistiu na súa reclamación á Xunta para que "interveña" e "medicalice" as residencias de maiores e así "evitar o colapso" destes centros ante a proliferación de contagios entre usuarios e traballadores.

Nun comunicado emitido este venres, o portavoz da coalición, Antón Gómez-Reino, subliñou a necesidade de que o Goberno galego dote de "medios humanos e técnicos necesarios" para as residencias de maiores.

"Levamos días reclamándolle a Núñez Feijóo que actúe sen demora nas residencias da terceira idade, que están a ser focos importantes de contaxio entre usuarias e coidadores, sen profundar no sufrimento e a angustia de moitas familias galegas afastadas das súas avoas e avós", aseverou.

Así mesmo, demandou que "todos" os recursos da sanidade privada pasen a mans das administracións públicas para combater a pandemia de coronavirus, como o pasado xoves solicitou o portavoz de Común da Esquerda, Antón Sánchez, na deputación permanente do Parlmento galego.

Martiño Noriega, Antón Gómez-Reino e Eva Solla en rolda de prensa. EN COMÚN
Martiño Noriega, Antón Gómez-Reino e Eva Solla en rolda de prensa. EN COMÚN | Fonte: Europa Press

PSDEG

O portavoz de sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, urxiu tamén a contratación de máis persoal para residencias de maiores e persoas con diversidade funcional, así como "o cumprimento estrito dos protocolos" para impedir os contaxios da covid-19.

Nun comunicado, os socialistas trasladaron a súa colaboración á Xunta, pero solicitaron información "máis precisa sobre as residencias de maiores" e, ante a "preocupante" situación destas, sinalou que "hai que tomar todas as medidas para garantir que non se sigan producindo contaxios masivos".

"Hai que mellorar en termos de persoal", indicou o socialista, quen sinalou que na última década Galicia perdeu un 7 por cento dos traballadores en residencias.

BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a Xunta e Estado que "actúen" para articular medidas que protexan os traballadores que están a perder os seus postos de traballo no medio da crise sanitaria derivada da Covid-19 e, ao tempo, reclama "paralizar a actividade non esencial" e "máis medidas de protección" tanto na "sanidade, servizos públicos, alimentación e subministracións".

"É importante que se garantan que teñan protección", aseverou a líder nacionalista que, xunto con outros membros do BNG, mantivo este venres un encontro cunha delegación da CIG para analizar a situación laboral na que se atopa Galicia.

Así, advertiu de que o 10 por cento da poboación activa de Galicia perdeu o seu posto de traballo, aos que hai que sumar o "gran número de traballadores precarios, contratados por empresas de traballo temporal" que tamén perderán o seu posto "sen ningunha protección".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Riolo

Xente de esquerdas: Din que Eva Solla non se reincorpora ao seu posto de enfermeira é porque o sueldazo que cobra no Parlamento de Galicia é máis do triplo do que gañaba como enfermeira (97.917,98 euros) https://www.parlamentodegalicia.es/...

1 Frecha

Vaise reincorporar a Pontón. O que non se sabe é a qué.

1 Gamela

Eva Solla xa está reincorporada? Unha enfermeira en tempos de pandemia é unha "traballadora esencial" e o médico Noriega tamén está ao pé do cañón (?) Ah, en que estaría eu pensando... sonche políticos!