Feijóo di que deixou equipos UCI a Madrid “porque en Galicia non farán falla ata mediados de abril”

Asegura que "lle sorprende" que "moleste" mandar material a Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/03/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo insistiu este venres en defender o envío de material sanitario a Madrid, especialmente, equipos UCI e respiradores, ao mesmo tempo que segue reclamándolle ao Goberno central máis material para Galicia.  De feito, dixo que Galicia non necesitará eses equipos remitidos á capital do Estado “ata mediados de abril”.

(esq-dch) O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, pousan no Almorzo informativo de Nova Economía Forum celebrado en Hot. Eduardo Parra - Europa Press
(esq-dch) O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, pousan no Almorzo informativo de Nova Economía Forum celebrado en Hot. Eduardo Parra - Europa Press

Sorpréndeme que isto moleste. Vemos o número de mortes diarias que hai en Madrid. Nos temos un material de UCI que non imos necesitar ata a segunda semana de abril. Xa temos algún material en depósito e o lóxico é mandalo”, dixo. “Iso non é un sálvase quen poida, senón un salvémonos todos os que poidamos”, apuntou ao tempo que explicou que Galicia ten respiradores en almacéns que pode mandar a Madrid.

AXUDA A PEDRO SÁNCHEZ

Con todo, volveu insistir e en pedir axuda ao Goberno de Sánchez para que lle axuda a mercar máis material, sobre todo, respiradores, camas e equipos UCI. “Non é mesmo comprar respiradores en China para 3 millóns que para 47”, dixo.

Ademais criticou a aqueles que só queren que todo quede en Galicia. “Aquí funcionamos como un país. Se alguén lle importa ser galego neste momento é un plantexamento ético reprobable . E se o din só polo de ser galegos, que teñan en conta que máis de medio millón de galegos que viven e traballan en Madrid e que todos temos familiares en Madrid”, insistiu.

Neste sentido, suliñou que a axuda que presta agora á capital do estado e a un goberno do Partido Popular que privatizou a sanidade pública desa autonomía, como en Galicia, será “amplamente devolta”. “Estou convencido, porque coñezo a esa autonomía, que cando nós o precisemos imos ter multiplicado esta mínima mensaxe de solidariedade”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Rui do

Unha postura perfectamente lóxica no único político galego que demostra liderazgo. Madrid acolle decenas de miles de traballadores galegos, a quen os caciques, sindicalistas, e prebostes galegos non deron traballo, e é perfectamente lóxico que agora se envíen para outra parte de España medios que aínda aquí non se necesitan. O contrario ocorre cada verán cando frecuentemente unha parte considerable dos medios antilnes están en Galicia, apagando lumes provocados polos galegos máis desalmados

1 anonimo 2

Muito certo, a Xunta da Galiza está governada por caciques, sindicalistas, e prebostes e Feijóo e seu chefe ou seu sicário.

1 Ana

Unha solidaridade que moitos madrileños non tiveron con Galiza cando viñeron a nosa costa (igual que a do sur e levante español) pouco antes de declararse o estado de alarma, contribuindo asi a traer o virus. E se isto vai de ser solidarios, ¿pq enviar respiradores a Madrid e non a Cataluña?. Ah!. que en Cataluña non goberna o PP e non e a capital do estado español. Cando teñamos lumes ou chapapote agardaremos sentados pola solidaridade de Madrid mentras arden as nosas casas e se contamina a nosa costa.

1 anonimo 2

Matizemos, Madrid si que envia recursos contra os lumes, envia o exército que pagamos entres todos ali onde se precisa. Um momento, não, e que nós os galegos ademais de contribuir a seu mantimento pagamos um extra por tê-los vigiando os lumes!!! Vaia com a boa gestão...e não esqueças a quantidade de dinheiro empregado no AVE galego...um momento, que de momento o invertido só serve para que Valladolid e Leon tenham AVE, e nós, pois já veremos se algum dia o vemos rematado! Estado Federal e que a capital deixe de viver e repartir misérias do que eles chamam províncias.