Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 11:40
Non, non teñen veciños, "vivimos nun baixo", comenta Nahikari Pérez ao preguntarlle sobre que opinan na súa comunidade sobre o "skatepark" que montan todos os días na súa cociña. Este grupo de skaters formado en Santiago de Compostela plantexouse patinar cada día da cuarentena na casa e subir a Instagram un "vídeo con 3 trucos de cada un acompañado co hastag #YoPatinoEnCasa", explica Javier Saavedra.
Esta iniciativa xurdiu "ante as gañas que temos sempre de patinar. No garaxe tiñamos o problema no ruido e na casa con rodas blandas e cunha alfombra damos resolto", explica Saavedra. Ademais, poñense retos e cada día fan módulos e trucos diferentes co patín.
Javier Saavedra é profesor de educación física, Nahikari Pérez artista multidisciplinar e Pedro Morales profesor de skate para nenos. Os tres coinciden na importancia de ter a mente ocupada nestes días de confinamento, "o importante é pasalo ben", subliñan. "O bo do patín e que sempre podes facer algo. Nahikari encontrou xusto o día antes da cuarentena unha porta tirada na rúa e xa tivemos o material para facer módulos", relata Saavedra e engade "todo isto consume gran parte do tempo do día".
Aínda así, lamentan a dificultade de moverse co skate nun espazo tan pequeno. Están limitados na cantidade de movementos que poden realizar dentro da casa. Evidentemte, a lámpara ou os mobles dificultan as maniobras, "Pedro co ombro sacou unha porta, pero xa está arranxada" conta Javier. Pese a este contratempo, aseguran que "seguimos motivados para seguir así toda a cuarentena".
A xente que está na casa sen facer nada, "deben facer algo. Aínda que sexa algo máis creativo e menos físico", destaca Nahikari sobre o tema e manifesta que "tras subir o que facemos nós ás redes, moitos colegas faláronme dicindo que lles motivamos a facer cousas na casa".
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Nosotrospatinamosencasa (@noso3patinamosencasa) el
Pedro Morales 'Murcia' saltando co patín dentro da casa | Fonte: Foto de Javier Saavedra¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Trasladan a un home ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Ferrol
- O que non che contaron do gran apagamento: a contaminación chegou a duplicarse durante a volta da subministración
- Case 600 aspirantes a auxiliares de policía local inician o proceso selectivo para cubrir 95 prazas
- Patronais galegas de residencias negan o "caos" durante o apagamento que denunciou a CIG
- Dous feridos en senllas saídas de vía en Camariñas e Paderne
- Futura lei contra as agresións ao persoal da sanidade, incluída a privada: multas que van de 300 a 15.000 euros