Feijóo destaca que a situación nas residencias "é menos mala que no resto de España"

A Xunta quere facer test en todas as residencias de maiores, que suman 383 usuarios infectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este martes que dos 22.000 usuarios de Galicia nas residencias da terceira idade só hai 333 usuarios diagnosticados co COVID-19. "A situación é menos mala que en boa parte de España pero hai que seguir actuando e evitar que se produzan contaxios xa que as persoas que viven nelas teñen patoloxías previas e son máis vulnerables", dixo.

Desinfección dunha residencia de anciáns
Desinfección dunha residencia de anciáns | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa virtual, Feijóo cifrou en 383 os ususuarios diagnosticados con coronavirus nas residencias de maiores da Comunidade, á vez que anunciou a intención do seu Executivo de "priorizar" as probas neste tipo de centros e nos de discapacidade. O obxectivo é "chegar a todos", aínda que se empezará por aquelas residencias nas que xa se detectaron contagios.

"Onte no comité clínico tomamos a decisión de priorizar o test de diagnóstico nas residencias da terceira idade de Galicia. Estamos a intensificar o número de test en residencias tanto en usuarios como en profesionais. Chegar a todos os centros é o obxectivo e o único límite é o número de test que podamos conseguir", sentenciou Feijóo, nunha comparecencia 'en liña' ante a prensa.

"Chegaremos a todos os centros, empezando por aqueles nos que detectamos casos. E farémolo facendo 800 test diarios", esgrimiu o presidente galego, antes de remarcar que, aínda que a actuación será distinta con aquelas persoas asintomáticas que con quen sufran o ataque do virus de forma máis intensa, o diagnóstico permitirá determinar o illamento e evitar máis contagios.

ESIDENCIAS INTEGRADAS

Neste sentido, lembrou a posta en marcha das residencias integradas en Baños de Molgas (Ourense) e Santiago, e aludiu tamén á intervención na pasada xornada de dúas residencias privadas, en Vigo e en Cangas, "transformándoas" en residencias integradas baixo a supervisión directa das autoridades sanitarias.

Esta intervención, lembrou, supón o nomeamento dunha dirección que coordine a actividade asistencial, garantir a aplicación dos protocolos e levar a cabo a supervisión médica de todos os residentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

En 17 días 234.093 Denuncias e 1986 Detencións !!! Se non nos mata o virus o fará o Goberno ! Galicia xa ten 4 Lazaretos !!!